Vinde e veredes. Vol 2 (Gallego)

Segundo volume dun proxecto evanxelizador, con metodoloxía e recursos axeitados para que a transmisión da fe sexa máis viva e significativa, inspirado na metodoloxía Montessori.

Vinde e veredesé un proxecto evanxelizador, con metodoloxía e recursos apropiados para que a transmisión da fe sexa máis viva e significativa, por medio da inmersión na historia da alianza e da amizade que Deus nos ofrece e nos revelou desde a Palabra de Deus e a Tradición da Igrexa.

Está inspirado na pedagoxía Montessori, centrada na importancia da narración e apoiada en dinámicas onde o visual e manipulativo teñen un gran protagonismo. O proxecto baséase nunha pedagoxía que favorece o desenvolvemento da espiritualidade da persoa, en especial do neno, a través da narración de historias da Biblia (Antigo Testamento e Novo Testamento) e da Igrexa (fe, liturxia e sacramentos, moral e oración). Preténdese ofrecer a mesma experiencia que inspirou eses relatos ou viviron os seus protagonistas.

Neste segundo volume dispoñemos de narracións de historias bíblicas que continúan a Historia da salvacion, como xuíces, reis e profetas, xunto con historias fundamentais para o noso método, como o encontro de Xesús cos nenos, e tamén afondamos en elementossenciais do catecismo, como o sacramento da confirmación e o tempo litúrxico de Pascua.

ISBN: 
9788428840972
Fecha publicación: 
29/11/2023
Encuadernación:
Núm. páginas: 
232
Código interno:
217110
19,00 €

Otras obras del autor

Si te pareció interesante este libro, también te interesará: