Vinde e veredes. Vol 1 (Gallego)

Primeiro volume dun proxecto evanxelizador, con metodoloxía e recursos axeitados para que a transmisión da fe sexa máis viva e significativa, inspirado na metodoloxía Montessori.

Vinde e veredes é un proxecto evanxelizador, con metodoloxía e recursos apropiados para que a transmisión da fe sexa máis viva e significativa, por medio da inmersión na historia da alianza e da amizade que Deus nos ofrece e nos revelou desde a Palabra de Deus e a Tradición da Igrexa.

Está inspirado na pedagoxía Montessori, centrada na importancia da narración e apoiada en dinámicas onde o visual e manipulativo teñen un gran protagonismo.O proxecto baséase nunha pedagoxía que favorece o desenvolvemento da espiritualidade da persoa, en especial do neno, a través da narración de historias da Biblia (Antigo Testamento e Novo Testamento) e da Igrexa (fe, liturxia e sacramentos, moral e oración). Preténdese ofrecer a mesma experiencia que inspirou eses relatos ou viviron os seus protagonistas.

Neste primeiro volume dispoñemos de narracións de historias bíblicas sobre a Antiga e a Nova Alianza, como Noé, Abraham e Sara, o encontro coa samaritana ou a familia de Xesús, así como de narracións de historias da Igrexa, como a formación da Biblia, a Eucaristía ou festa da Nova Alianza, a invitación ao Reino ou a oración do nosopai.

Autor
Área:
ISBN: 
9788428839570
Fecha publicación: 
12/01/2023
Encuadernación:
Núm. páginas: 
264
Código interno:
215164
  • Ver índice
    Índice: 

    Prólogo

    Explicación do método

    Historias da Biblia

    PRIMEIRA ALIANZA

    1. Alianza co cosmos

    2. Alianza con Noé

    3. Alianza con Abraham e Sara 

    4. Éxodo e alianza no Sinaí

    NOVA ALIANZA

    5. Coñecendo o Amigo

    6. Parábola do tesouro escondido

    7. Encontro coa samaritana

    8. A familia de Xesús

    Historias da Igrexa

    HISTORIAS DA FE NA NOVA ALIANZA

    9. O Espírito Santo

    10. Historia da formación da Biblia

    HISTORIAS DE SACRAMENTOS DA NOVA ALIANZA

    11. A festa da nova alianza (Eucaristía)

    12. Bautismo

    13. Ano litúrxico

    HISTORIAS DA PRAXE DA NOVA ALIANZA

    14. Invitación ao Reino

    HISTORIAS DA ORACIÓN DA NOVA ALIANZA

    15. Aprendemos a rezar (o Nosopai)

    16. Gloria ao Pai

     

    Fontes

    Siglas e abreviaturas

    Bibliografía

    Comunidade Vinde e veredes

19,00 €

Otras obras del autor